Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 27 de xuño de 2014 Páx. 29292

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle da unidade de actuación número 16.

O Pleno da Corporación, en sesión realizada en data 27 de marzo de 2014, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar con carácter definitivo o estudo de detalle da unidade de actuación número 16, promovido por Monelos Aparcamientos, S.L., e segundo documento redactado polo arquitecto José Mantiñán Soler.

A documentación exixida polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o día 15 de maio de 2014.

Este acordo pon fin á vía administrativa e poderase interpor contra el recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se practique a súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia da Coruña, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outra que se considere pertinente.

O estudo de detalle entrará en vigor aos quince días hábiles da publicación da normativa no Boletín Oficial da provincia da Coruña (artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local).

Culleredo, 30 de maio de 2014

Julio Sacristán de Diego
Alcalde