Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 27 de xuño de 2014 Páx. 29231

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (769/2010).

Procedemento ordinario 769/2010.

Sobre: ordinario.

Demandante: Juan Ramón Cores Pérez.

Procuradora: Yolanda Vidal Viñas.

Demandados: Conservas Selectas Mar de Couso, S.A., José Luis Carracedo Valle, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 769/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Ramón Cores Pérez contra a empresa Conservas Selectas Mar de Couso, S.A., José Luis Carracedo Valle, Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza, cuxa decisión se xunta:

«Decido que estimo a demanda formulada por Juan Ramón Cores Pérez fronte á empresa Conservas Selectas Mar de Couso, S.A., con condena da demandada ao aboamento da cantidade de 25.448,23 euros xunto cos xuros a que se refire o último parágrafo do fundamento de dereito segundo desta resolución, todo iso coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela non poderá interporse ningún recurso.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Conservas Selectas Mar de Couso, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2014

A secretaria xudicial