Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 27 de xuño de 2014 Páx. 29248

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 15 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a solicitude de Mercedes Correa Morais de expropiación forzosa de terreos para a explotación mineira, derivada do permiso de investigación Samperes, número 2707, no termo municipal do Porriño.

Mercedes Correa Morais, con domicilio para efectos de notificacións no lugar de Morgadáns, en Prado, núm. 62-A, no concello de Gondomar, código postal 36389, da provincia de Pontevedra, solicita o inicio de expediente expropiatorio para obter a dispoñibilidade dos terreos que se relacionan no anexo, incluídos dentro da concesión de explotación mineira derivada do permiso de investigación Samperes núm. 2707, no termo municipal do Porriño, na provincia de Pontevedra. A concesión outorgouse mediante a Resolución da Dirección Xeral de Industria do 19 de novembro de 2001, por un período de trinta anos, podendo prorrogarse por períodos iguais ata un máximo de noventa anos.

Esta xefatura territorial acorda iniciar a expropiación forzosa solicitada mediante o procedemento ordinario, someténdoa a información pública, polo prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, no xornal de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios do Concello do Porriño e desta xefatura territorial, todo isto de conformidade co artigo 105 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas (BOE núm. 176, do 24 de xullo), o artigo 131 do Regulamento xeral para o réxime da minaría, e co establecido nos artigos 18 a 20 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e nos artigos 15 ao 19 do seu regulamento (Decreto do 26 de abril de 1957, BOE núm. 160, do 20 de xuño).

O que se publica para xeral coñecemento e para que os interesados poidan formular as alegacións que estimen convenientes sobre a procedencia de ocupación ou disposición dos bens que se van expropiar, o seu estado material ou xurídico, ou achegar cantos datos permitan a rectificación de posibles erros que se consideren cometidos na relación de propietarios e predios, así como para opoñerse por motivos de forma e fondo á necesidade de ocupación. Neste caso, terán que indicar os motivos polos que se deba considerar preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos dos incluídos na relación que se publica como anexo a esta resolución. Tamén, e para os únicos efectos de emenda de erros na descrición material e legal dos bens, calquera persoa natural ou xurídica poderá alegar e presentar os antecedentes ou referencias que sirvan de fundamento para a dita rectificación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Pontevedra, 15 de maio de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de titulares, bens e dereitos afectados

Expropiación forzosa de terreos para a explotación mineira, derivada do permiso de investigación Samperes, núm. 2707, no termo municipal do Porriño, solicitada por Mercedes Correa Morais.

Titular: Entidade Local Menor de Chenlo.

Dirección: As Cales, s/n, 36414 O Porriño.

Bens e dereitos afectados:

Referencia catastral: 36039A044100010000DK.

Superficie: 2,5446 ha.

Concello: O Porriño.