Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 27 de xuño de 2014 Páx. 29250

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 11 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a notificación de trámite de audiencia do expediente PI 2013/1-2-IN609A.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das adminitracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícase á persoa que a continuación se relaciona a incoación e trámite de audiencia do expediente instruído.

A interesada dispón dun prazo de quince días a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para presentar ante a xefatura territorial as alegacións que considere pertinentes.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición da interesada na Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, 70, baixo, 2º.

Nº de expediente: PI 2013/1-2-IN609A.

Interesada: Construcciones Camba, C.B.

CIF: E27267046.

Enderezo: Caldraga, 6, Mourence, 27820 Vilalba, Lugo.

Lugo, 11 de xuño de 2014

Isabel Somoza Rodríguez
Instrutora