Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 26 de xuño de 2014 Páx. 28920

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1129/2013).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1129/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan José Castro Piñeiro contra Ángel Garrido Palacios, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza cuxo ditame di:

Que debo estimar e estimo a demanda e debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto, condenando a empresa Ángel Garrido Palacios, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante, procedendo a aboar os salarios de tramitación desde a data de despedimento ata a notificación da presente a razón de 57,09 euros diarios, ou ao aboamento dunha indemnización de 20.081,43 euros. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Ángel Garrido Palacios, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de xuño de 2014

A secretaria xudicial