Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 26 de xuño de 2014 Páx. 28996

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 9 de xuño de 2014 pola que se dá traslado da declaración de caducidade do expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/18/2013, devolto polo servizo de Correos por resultaren os interesados ausentes na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 20 de maio de 2014, declarar a caducidade do expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/18/2013 e o arquivamento das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), polas obras de construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de Aguís, parroquia de Simes, no termo municipal de Meaño, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Manuel Vilar Frieiro e María Eva Sartages Medrano, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita declaración de caducidade, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación desta cédula, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística