Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 26 de xuño de 2014 Páx. 28985

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 5 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o inicio do dereito de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2014/68-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que se puidese practicar, esta xefatura territorial resolve notificar por este medio, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, durante o que poderán exercer o dereito de audiencia do expediente previo á resolución na Xefatura Territorial da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: RL 2014/68-1.

Acta inf. nº: I152014000019523 (I-II).

Empresa: Souto Instalaciones y Servicios Coruña, S.L. (I).

NIF: B70364518.

Enderezo: travesía de Arteixo, 110, 1º A, 15142 Arteixo.

Materia: seguridade e hixiene (falta de medidas de seguridade).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.d) e 19 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; artigos 14.1 e 17.2 da Lei 31/1995, do 8 de novembro; artigo 11.1.b.) e anexo IV, parte C, do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, en conexión co previsto no artigo 3.1.2.2 do anexo II do Real decreto 1407/1992, do 20 de novembro; e o artigo 3 e anexo III do Real decreto 773/1997, do 30 de maio.

Tipificación: artigo 12.16.f) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Proposta de sanción: 15.000 €.

Conforme o establecido no artigo 42.3 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, apréciase responsabilidade solidaria coa empresa Andamios Souto, S.L. (II).

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

– Alegacións das empresas.

– Informes da Inspección de traballo e seguridade social.

A Coruña, 5 de xuño de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña