Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 26 de xuño de 2014 Páx. 28945

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2014/063-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Expediente: IN407A 2014/063-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento LMT avenida San Cristóbal-Lonzás.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas:

– Liña de media tensión illada trenzada provisional, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,060 km, coa orixe en empalmes proxectados para realizar na LMT GRN-734 (expediente 139/2010), no treito entre a subestación da Grela 2 e o CS Garda Civil, en condutor RHVS-12/20 kV/15 mm², e final en empalmes proxectados para realizar na LMT GRN-734 (expediente 139/2010), no treito entre a subestación A Grela 2 e o CS Garda Civil.

– Liña de media tensión illada trenzada provisional, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,060 km, coa orixe en empalmes proxectados para realizar na LMT GRN-741 (expediente 139/2010), no treito entre a subestación da Grela 2 e o CT Joaquín Planells, en condutor RHVS-12/20 kV/15 mm², e final en empalmes proxectados para realizar na LMT GRN-734 (expediente 139/2010), no tramo entre a subestación A Grela 2 e o CT Joaquín Planells.

– Treito de liña de media tensión soterrada GRN-734, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,117 km, coa orixe en empalmes proxectados para realizar na LMT GRN-734 (expediente 139/2010), no treito entre a subestación da Grela 2 e o CS Garda Civil, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm² Al), e final en empalmes proxectados para realizar na LMT GRN-734 (expediente 139/2010), no treito entre a subestación A Grela 2 e o CS Garda Civil.

– Treito de liña de media tensión soterrada GRN-741, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,117 km, coa orixe en empalmes proxectados para realizar na LMT GRN-741 (expediente 139/2010), no treito entre a subestación da Grela 2 e o CT Joaquín Planells, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm² Al), e final en empalmes proxectados para realizar na LMT GRN-741 (expediente 139/2010), no treito entre a subestación A Grela 2 e o CT Joaquín Planells.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 2 de xuño de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña