Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 26 de xuño de 2014 Páx. 28898

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 18 de xuño de 2014 pola que se modifica a Orde do 19 de decembro de 2011 pola que se nomean funcionarios do corpo de xestión da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de inspección turística, en execución da Sentenza do 16 de outubro de 2013 ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no procedemento ordinario 164/2012.

Por medio da Orde do 19 de decembro de 2011 nomeáronse funcionarios do corpo de xestión da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de inspección turística, os aspirantes que superaran o proceso selectivo convocado pola Orde do 28 de outubro de 2008 (DOG núm. 211, do 30 de outubro).

Na mesma orde adxudicouse destino definitivo aos novos funcionarios e atribúeselle a Samuel Vázquez Castiñeiras, coa orde de prelación número 7, o posto IC.C99.10.000.27001.311.

Contra a dita adxudicación recorreu Manuel Dasilva Díaz, que naquela data desempeñaba interinamente o dito posto.

Con data 16 de outubro de 2013 a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza ditou sentenza no procedemento ordinario 164/2012, seguido por instancia de Manuel Dasilva Díaz, cuxa decisión dispón:

«Que debemos estimar e estimamos o recurso interposto (...) contra as resolucións da Consellería de Facenda do 1 de febreiro de 2012, pola que se inadmite o recurso de reposición interposto polo demandante contra a Orde do 7 de decembro de 2011, pola que se convoca a quen superou o proceso selectivo á elección de destino definitivo, do 13 de febreiro de 2012 pola que se inadmite o recurso de reposición interposto polo demandante contra a Orde do 19 de decembro de 2011, pola que se nomean funcionarios do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de inspección turística, e do 21 de marzo de 2012, pola que se inadmite o recurso de reposición contra o cesamento do recorrente, producido o 16 de xaneiro de 2012 como consecuencia da Orde do 19 de decembro de 2011, e anúlanse estas por non seren axustadas a dereito, con imposición de custas á Xunta de Galicia (...)».

A anulación –de conformidade co último parágrafo do fundamento de dereito quinto– estímase «exclusivamente respecto do funcionario nomeado para a praza IC.C99.10.000.27001.311, sen que esta poida afectar as restantes ofrecidas».

Mediante oficio do secretario xudicial do 17 de decembro de 2013 (rexistro de entrada do 8 de xaneiro de 2014) comunicouse a firmeza da sentenza para que «se leve a puro e debido efecto o nela acordado, e se adopten as resolucións procedentes para o cumprimento das declaracións contidas na decisión».

Para proceder á execución da sentenza o funcionario adxudicatario da praza litixiosa foi requirido para elixir destino.

Unha vez comunicado o posto elixido, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicar como destino definitivo ao funcionario Samuel Vázquez Castiñeira o posto que figura no anexo.

O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao do cesamento, que terá lugar o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Repoñer a Manuel Dasilva Díaz no desempeño interino do posto IC.C99.10.000.27001.311 desde o día seguinte ao cesamento do funcionario que o desempeña.

A toma de posesión terá efectos económicos e administrativos do día 17 de decembro de 2013, data da firmeza da sentenza que se executa.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición perante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

NIF

Apelidos e nome

Código do posto

Denominación

Nivel

Grupo

Centro destino

Centro directivo

Concello

76939555R

Vázquez Castiñeira, Samuel

PX.A29.10.000.27001.013

Inspector/a de turismo

22

A2

Xefatura Territorial de Lugo

Servizos periféricos

Lugo