Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 25 de xuño de 2014 Páx. 28519

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se acorda outorgarlle o distintivo de permanencia ao persoal dos distintos corpos de policía local dos concellos de Galicia.

A Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, establece no seu artigo 74 que o persoal dos corpos de Policía local de Galicia pode ser distinguido ou recompensado de acordo co que se determine regulamentariamente.

Deste xeito, o Decreto 243/2008, do 16 de outubro, de desenvolvemento da dita lei, determina no seu artigo 89 as modalidades de distincións; na alínea c) figura o distintivo de permanencia, a que se refire tamén o número 3 do artigo 90, cando expresa que este distintivo se entregará aos policías locais, calquera que sexa a súa categoría, cando se cumpran os requisitos de permanencia e de traxectoria profesional exixidos para a súa concesión.

O mesmo Decreto 243/2008, no seu artigo 93.1º, establece que o distintivo de permanencia se entregará anualmente, mediante resolución da persoa titular da unidade directiva competente en materia de coordinación de policías locais, aos policías locais cando cumpran 25 anos de servizos efectivos no corpo, calquera que sexa a súa categoría, sempre que non consten antecedentes desfavorables no seu expediente persoal ou pendentes de cancelar, cuestións que deberán acreditar os concellos que corresponda.

De acordo co previsto no artigo 93.1º antes citado do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar como anexo a listaxe de persoas ás cales se lles entregará o distintivo de permanencia, por ter cumpridos, en 31 de decembro de 2013, 25 anos de servizo nos corpos de policía local, segundo as certificacións dos respectivos concellos de pertenza, tanto respecto do tempo de servizos coma do resto de requisitos.

Segundo. Comunicar esta listaxe do anexo aos respectivos concellos e publicala tamén para os efectos da súa consulta na páxina web da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Terceiro. As persoas que non figurasen na listaxe do anexo e que cumpran cos requisitos para esta distinción deberán solicitar a súa inclusión a través dos respectivos concellos, que remitirán as preceptivas certificacións de cumprimento dos requisitos a esta unidade directiva para a resolución correspondente.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2014

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO
Listaxe do persoal dos corpos de policía local dos concellos de Galicia
ao cal se lle outorga o distintivo de permanencia

(Listaxe alfabética, clasificada por provincias e concellos)

• Provincia: A Coruña.

– Concello: A Coruña.

María del Carmen Ameijide Ferreiro

Alfonso Francisco Beade Aláez

Francisco José Cabrera Sánchez

Luis Calviño Morla

Santiago Carreira Souto

Juan Carlos Castro Rico

Francisco Javier García Mera

María del Carmen Iglesias Rasser

José Antonio Juárez Carrera

José Manuel Loureiro Vázquez

Jesús Ángel Mosteiro Calvar

José Luis Pardo Fariñas

Jaime Antonio Prego Vázquez

José Ramón Nicolás Rey Rey

José Roca Loureda

Miguel Ángel Sánchez Longueira

José Marcos Suevos Sánchez

María Pilar Taboada Vázquez

José Manuel Torreiro Salinas

Ángel Vicente Vega

– Concello: Betanzos.

Alberto Fernández Seijo

– Concello: Coristanco.

Manuel Barrigón Lorenzo

– Concello: Ferrol.

Javier García Abeal

Santiago Pablo Pazos Fernández

Carlos Rodríguez Cebreiro

– Concello: Negreira.

Eulogio Cives Martínez

Sergio Maneiro Blanco

– Concello: Ordes.

Eduardo Rodríguez Regos

– Concello: Santiago de Compostela.

José Manuel Álvarez López

Javier Ares Amil

José Antonio Berdullas Nieto

Jesús Miguel Blanco Guerra

José Camino Fernández

Víctor Carballido Vázquez

Jorge Fernández Funcasta

Raúl Fidalgo García

José Manuel López Rodríguez

Juan Mosquera González

Aníbal Mourelos García

Abelardo Painceira Aneiros

Manuel Peña Sánchez

Julio Ángel Rodríguez Cortés

José Amado Santos Vicente

Juan Carlos Vázquez Illodo

Constantino Veiras Brea

Antonio Vez Cernadas

– Concello: Zas.

María Elena Loureiro Bolón

• Provincia: Lugo.

– Concello: Burela.

Ramón José González García

Francisco Orbán Parapar

• Provincia: Pontevedra.

– Concello: A Estrada.

José Enrique Loureiro Carbón

– Concello: A Guarda.

Manuel Ángel González Martínez

– Concello: Cambados.

Antonio Padín Torres

– Concello: Lalín.

José Luis González Iglesias

– Concello: Ponteareas.

Víctor Manuel Aguiar Sobral

Demetrio Carrera Pazo

Marcial Cernadas Peso

Benigno Moldes Álvarez

– Concello: Redondela.

Fernando Alfaya Paz

Juan Francisco Bahía Salgado

Roberto Estévez Salgado

Obdulio Iglesias Otero