Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 25 de xuño de 2014 Páx. 28528

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 20 de xuño de 2014 pola que se corrixen erros da Orde do 12 de xuño de 2014 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2013/14.

Advertido erro na dita orde, publicada no DOG núm. 117, do venres 20 de xuño de 2014, é necesario efectuar a seguinte corrección:

Publicar o anexo I da Orde do 12 de xuño de 2014 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2013/14 (DOG do 20 de xuño).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

missing image file
missing image file