Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 25 de xuño de 2014 Páx. 28713

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Zas (expediente IN407A 2014/062-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Número expediente: IN407A 2014/062-1.

Solicitante: Electra de Zas, S.L.

Domicilio social: Vilar do Mato, 17, 15850 Zas.

Denominación: LMT soterrada, DC e CCM en Rial de Abaixo.

Situación: concello de Zas.

Características técnicas:

LMT soterrada, a 20 kV, en dobre circuito, de 275 metros de lonxitude total, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×95 mm2 Al+H16), con illamento XLPE e pantalla metálica de 16 mm2, baixo tubo Ø160 mm, coa orixe e remate no dobre paso aéreo-soterrado dotado de pararraios autoválvulas, que se instalará no apoio metálico tipo C-3000/14 existente (compartido polas LMT Vilar do Mato-Central e Central-Longueirón), logo de entrar e saír no centro de control e manobra proxectado. Estará composta por:

Treito 1: de 165 metros de lonxitude, en canalización soterrada, coa orixe no paso aéreo-soterrado (parte da LMT Vilar do Mato-Central), que se instalará no apoio metálico tipo C-3000/14 existente e remate na fachada da Central Hidroeléctrica de Zas.

Treito 2: de 110 metros de lonxitude, coa orixe na fachada da Central Hidroeléctrica de Zas e remate no paso aéreo-soterrado (parte da LMT Central-Longueirón), que se instalará no apoio metálico tipo C-3000/14 existente, logo de transcorrer grampado aos muros e paredes interiores da Central Hidroeléctrica de Zas.

Novo centro de control e manobra que se instalará en local independente no interior do edificio da Central Hidroeléctrica de Zas existente (coordenadas UTM X: 507.395/Y: 4769.353), no cal se proxecta a instalación de:

Dous (2) seccionadores tripolares de dobre coitela, de accionamento manual, con mando e encravamento.

Un (1) interruptor automático de potencia ao baleiro, con transformadores de tensión e intensidade.

Un (1) transformador para servizos auxiliares de 25 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,43-0,24 kV.

Equipos de control, protección e telemando.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 28 de maio de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial