Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 25 de xuño de 2014 Páx. 28715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lobeira (expediente IN407A 2014/13-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT, CT e RBT poboado da presa, As Conchas.

Situación: Lobeira.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 70 m de lonxitude, con condutor RHZ1 12/20 kV 3×150 Al e con orixe na LMT existente (expediente 1994/65) con entroncamento no PAS proxectado e remate no CT proxectado fin de liña rural poboado da presa, As Conchas de 250 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

RBT aerosubterránea de 520 m en aéreo con condutor RZ e 45 m en subterráneo con condutor XZ derivada do CT proxectado.

Orzamento: 63.531,04 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 2 de xuño de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense