Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28384

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (791/2010).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 791/2010 deste xulgado do Social, seguido por instancia de José Manuel Ferreiro Fandiño contra a empresa Construcciones Manuel García Carreira, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolución

Estimo a demanda formulada por José Manuel Ferreiro Fandiño contra a empresa Construcciones Manuel García Carreira, S.L., con condena da demandada ao aboamento da cantidade de 17.304,41 euros en concepto de salarios debidos e indemnización por despedimento, todo isto cos xuros previstos no último fundamento de dereito e a responsabilidade subsidiaria do Fogasa para o suposto de insolvencia.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela non se poderá interpor ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Manuel García Carreira, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2014

A secretaria xudicial