De acordo co disposto no artigo 5.2.b) do Decreto 326/1996, do 26 de xullo, de regulación do Centro Galego de Arte Contemporánea, así como no artigo 2 do Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,
DISPOÑO:
Que cesen como vogais do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea José Luis Méndez López e Julio Fernández Gayoso, agradecéndolles os servizos prestados.
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2014
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria