Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo para que poidan ter coñecemento delas.
Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 28 de maio de 2014
Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: TR347E 2009/6-1.
Nome ou razón social: Linfortel Coruña, S.L.
Último enderezo coñecido: rúa Sagrada Familia, 2-4, baixo, 15405 Ferrol, A Coruña.
Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.
Precepto infrinxido: base novena, punto 1, do anexo E da orde de convocatoria.
Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.
Nº de expediente: TR347E 2009/67-1.
Nome ou razón social: Pop Services La Coruña, S.L.
Último enderezo coñecido: rúa Sánchez Calviño, 56, entresollado A, 15404 Ferrol, A Coruña.
Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.
Precepto infrinxido: base novena, punto 1, do anexo E da orde de convocatoria.
Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.
Nº de expediente: TR347E 2009/102-1
Nome ou razón social: Tecno Pipe, S.L.
Último enderezo coñecido: lugar As Galanas, 5, O Milladoiro, 15895 Teo, A Coruña.
Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.
Precepto infrinxido: base novena, punto 1, do anexo E da orde de convocatoria.
Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.
Nº de expediente: TR347E 2009/132-1.
Nome ou razón social: Carmen Sampedro Pérez.
Último enderezo coñecido: rúa Robustiano Pérez del Río, 7, baixo, 15930 Boiro, A Coruña.