Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2014 Páx. 28239

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Chandrexa de Queixa

ANUNCIO para a contratación de obras e subministración de execución da construción e equipamento dunha residencia.

De conformidade co Acordo da Alcaldía do 12 de xuño de 2014, por medio deste anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato mixto de obra e subministración de execución da construción e equipamento dunha residencia no concello de Chandrexa de Queixa, cofinanciado pola Administración xeral do Estado (50 %) a través do Magrama e a Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar (50 %). Programa de desenvolvemento rural sustentable, protocolo xeral do 19.1.2011 (eixe 3, actuación 3.32.CA.1.), conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Chandrexa de Queixa.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: SEC 2014/006.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: obra e subministración de execución da construción e equipamento dunha residencia no concello de Chandrexa de Queixa.

b) Lugar de execución: concello de Chandrexa de Queixa.

c) Prazo máximo de execución: 20 meses.

d) Importe: 1.285.736,36 €, máis 270.004,65 € de IVE, que suma un total de 1.555.741,01 €.

e) Clasificación exixida:

Grupo

Subgrupo

Categoría

C

4

E

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto multicriterio (non suxeito á regulación harmonizada).

4. Garantía provisional: non se exixe.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Chandrexa de Queixa.

b) Domicilio: Rúa do Concello, 19, Celeiros.

c) Localidade e código postal: Chandrexa de Queixa, 32786.

d) Teléfono: 988 33 40 00.

e) Fax: 988 33 40 56.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ás 14.00 horas do último día do prazo de presentación de ofertas. Se este é sábado, domingo ou festivo, prorrogaríase ao día seguinte hábil distinto de sábado.

6. Requisitos específicos do contratista: os establecidos na cláusula X do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Criterios de valoración das ofertas: os que figuran na cláusula XV do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

a) Prazo de presentación: vinte e seis (26) días naturais que se contarán desde a última publicación.

b) Documentación que se presentará: a establecida na cláusula XI do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Chandrexa de Queixa, ou por correo, na forma indicada no artigo 80.4 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil, o prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

9. Apertura das ofertas: segundo a cláusula XIV do prego de condicións.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

11. Perfil de contratante e taboleiro de anuncios, onde figuran as informacións relativas á convocatoria e onde se poden obter os pregos: www.depourense.es

Chandrexa de Queixa, 12 de xuño de 2014

Francisco Rodríguez Rodríguez
Alcalde