Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2014 Páx. 28237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 29 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador LU-11/2014 e outro máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial da Consellería.

A comparecencia deberá efectuarse, na sede da Área Provincial do IGVS, en Lugo, Edificio Administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 29 de maio de 2014

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: E.S.LU-11/2014.

Interesado: José L. Araujo da Silva.

Último enderezo coñecido: rúa Curros Enríquez, 4, 2º A, Sarria.

Acto de notificación: inicio do procedemento sancionador.

Expediente: DP.LU-33/2014.

Interesado: Óscar García Pérez.

Último enderezo coñecido: Portugal, 35, 1º D, Lugo.

Acto de notificación: requirimento de depósito de fianzas.