Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2014 Páx. 28248

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de información pública de aprobación inicial da modificación puntual número 4 do Plan xeral de ordenación municipal.

A Corporación Municipal en Pleno, en sesión que tivo lugar o 26 de maio de 2014, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Prestar aprobación inicial á modificación puntual nº 4 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Sanxenxo, contida no documento asinado o 14 de maio de 2014 por Rafael Vázquez Abal e José Manuel Rey Rial.

Segundo. Ao abeiro do disposto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (Louga), someter o expediente completo ao trámite de información pública durante un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión na provincia de Pontevedra.

Terceiro. Simultaneamente, e durante o mesmo tempo que a información pública, dar audiencia aos concellos limítrofes, e solicitar os informes sectoriais que resulten pertinentes, consonte o previsto nos informes dos técnicos municipais que constan unidos ao expediente, co fin de que sexan emitidos no prazo máximo dun mes, agás que a lexislación sectorial sinale outro prazo.

En consecuencia, durante o prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán consultar o expediente nas oficinas de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, das 9.00 ás 14.00 horas e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Sanxenxo, 30 de maio de 2014

Catalina González Bea
Alcaldesa