Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 19 de xuño de 2014 Páx. 27811

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2014 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre de 2014.

De acordo co previsto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo), onde se establece que os organismos autónomos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación de convenios subscritos polo Instituto Galego de Estatística nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2014, que se xunta a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2014

José Antonio Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística

ANEXO

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto Galego de Estatística para a realización de prácticas de alumnos do máster oficial en Desenvolvemento Económico e Innovación.

3.3.2014

0 €