Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Miércoles, 18 de junio de 2014 Pág. 27657

V. Administración de justicia

Juzgado de Primera Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (531/2013).

Ángel Gómez Santos, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, polo presente anuncio:

No procedemento JVB 531/2013, seguido por instancia de Luís Míguez Taboada fronte a Carlos Bermúdez Cores, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 35/2014.

Vigo, 6 de marzo de 2014.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que co número 531/2013 se seguen por instancia de Luís Míguez Taboada, que compareceu persoalmente defendido pola letrada Rosa María Martínez Castro, contra Carlos Bermúdez Cores, que foi declarado en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha pretensión de resolución dun contrato de alugamento e de reclamación de rendas debidas.

Decisión:

Estimo totalmente a demanda interposta por Luís Míguez Taboada contra Carlos Bermúdez Cores facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Declaro resolto o contrato subscrito o 25 de setembro de 2006, polo cal viña alugando o demandante unha praza de garaxe ao demandado no local sito na rúa Travesía de Vigo, 219, Vigo, e acordo o desafiuzamento deste último da dita praza de garaxe, a cal deberá deixar libre, expedita e ao dispor do demandante, procedendo a retirar dela, por tal motivo, o vehículo Fiat Punto con matrícula 7371-CDH.

2º. Condeno a Carlos Bermúdez Cores a aboarlle a Luís Míguez Taboada a cantidade de 1.860 euros, a cal reportará unha indemnización pola demora equivalente ao xuro legal do diñeiro, incrementado en dous puntos, contado desde a data da presente sentenza.

3º. Condeno a Carlos Bermúdez Cores a pagar as custas procesuais.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, ás cales se lles fará saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino».

Y encontrándose dicho demandado, Carlos Bermúdez Cores, en paradero desconocido, se expide el presente a fin de que sirva de notificación en forma al mismo.

Vigo, 20 de marzo de 2014

El secretario judicial