Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2014 Páx. 27651

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 794/2014 CG).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 794/2014.

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 650/2012 Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Recorrente: Cristian Mejías Sánchez.

Avogada: Sandra Garrido Fernández.

Recorridos: Fogasa, Hostelera Noroeste, S.A., Rosas y Grelos, S.L.

Avogada: (…), Elena López-Novoa Ces, (…).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 794/2014, seguido por instancia de Cristian Mejías Sánchez contra Fogasa, Hostelera Noroeste, S.A., Rosas y Grelos, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución, que copiada nos particulares necesarios di:

Decidimos: estimando en parte o recurso de suplicación articulado por Cristian Mejías Sánchez contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 desta cidade, de data 5.2.2013, integrada polos autos de aclaración que constan no preito, instados polo aquí recorrente fronte á entidade Rosas y Grelos, S.L. e o Fogasa, revogamos a citada resolución no aspecto relativo ao alcance da indemnización que se fixa na suma de 1.888,65 euros, que deberá aboar ao demanante a empresa citada, mantendo no demais o resolto na instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Rosas y Grelos, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na r/ Juan Flórez, 16, baixo, A Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 23 de maio de 2014

A secretaria xudicial