Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2014 Páx. 27655

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2054/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2054/2012-mjc-.

Xulgado de orixe/autos: demanda 660/2007 Xulgado do Social número 5 de Vigo.

Recorrentes: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Avogado: Luis Esteban Leyenda Martínez.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Cerámicas Domínguez Noroeste, S.A. (Cedonosa, S.A.), Mutua Universal Mugenat, Ángel Maneiro Fernández, Administración Concursal Cedonosa (Sres. Rúa Gayo, Rodríguez de Dios e Domínguez Munaiz).

Avogados: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), Carlota Peláez Sabell, Luis González Deus, Josefa Concepción Rúa Gayo.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2054/2012 desta sección, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Cerámicas Domínguez Noroeste, S.A. (Cedonosa, S.A.), Mutua Universal Mugenat, Ángel Maneiro Fernández, Administración Concursal Cedonosa (Sres. Rúa Gayo, Rodríguez de Dios e Domínguez Munaiz), sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

Accédese á aclaración solicitada da sentenza ditada neste procedemento con data 30.4.2014, nos termos sinalados no escrito de aclaración, polo que os vocábulos «estimado» e «estimando» que conteñen o fundamento de dereito segundo in fine e a decisión da sentenza deben ser substituídos por «desestimado» e «desestimando», respectivamente, e ademais condénase o recorrente a aboarlle ao letrado impugnante do recurso a cantidade de 600 € en concepto de honorarios.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo do recurso de casación para a unificación de doutrina, cuxo prazo quedou interrompido desde que se solicitou a aclaración, cómputo que continuou desde o día seguinte á notificación desta resolución. Expídase certificación da presente resolución para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal, en unión da sentenza, ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por este o noso auto, o pronunciamos, mandamos e asinamos. Dou fe.

E para que así conste para os efectos de publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Cerámicas Domínguez Noroeste, S.A. (Cedonosa, S.A.), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 28 de maio de 2014

A secretaria xudicial