Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2014 Páx. 27735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 2 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sobre o inicio do procedemento de deslindamento con predios particulares da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Parada de Achas, do concello da Cañiza.

Unha vez recibido o informe favorable sobre a proposta de deslindamento con predios particulares presentada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Parada de Achas, concello da Cañiza, e de acordo co disposto no artigo 54.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, sobre o procedemento de deslindamento de montes veciñais con propiedades particulares, acórdase sinalar a data do 4 de agosto de 2014 ás 10.00 horas para o comezo das operacións de deslindamento, que comezarán no punto denominado Paralonga, coordenadas X: 557130,07 e Y: 4668466,29.

Emprazanse os estremeiros e as persoas que acrediten un interese lexítimo para que asistan ao mencionado acto.

Ábrese un prazo dun mes, a partir do día seguinte ao desta publicación, para que os que se conceptúen con dereito á propiedade do monte ou de parte deste e os estremeiros que desexen acreditar que lles poida corresponder, para presentar alegacións e os títulos que acrediten a propiedade nas dependencias do concello da Cañiza, rúa Oriente 11, indicando «deslindamento de Parada de Achas».

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 2 de xuño de 2014

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra