Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2014 Páx. 27671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 6 de xuño de 2014, do Servizo de Planificación e Avaliación das Auditorías de Fondos Comunitarios, sobre notificación por comparecencia para a entrega dun informe definitivo de control financeiro sobre unha subvención percibida por un beneficiario.

A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en execución do Plan de control financeiro 2013, aprobado de conformidade co disposto no artigo 107 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG número 214, do 5 de novembro), e de acordo co previsto no artigo 94 do dito texto e no artigo 42 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG número 121, do 25 de xuño), está realizando un control financeiro a Jorge Alejandro Sosa López, en relación coa subvención percibida (TR341D2008 Promoción do emprego autónomo), cofinanciada polo Fondo Social Europeo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por este anuncio faise saber:

1. Que, tentada a notificación do informe definitivo de control financeiro a Jorge Alejandro Sosa López, non foi posible practicala.

2. Que, por medio deste anuncio, se pon de manifesto que Jorge Alejandro Sosa López ou persoas debidamente autorizadas deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, nas oficinas da Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións, sita no Edificio San Caetano, s/n, bloque nº 3 (Intervención Xeral da Comunidade Autónoma-Consellería de Facenda), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co obxecto de facerlles entrega do informe definitivo de control financeiro efectuado a Jorge Alejandro Sosa López

3. Que, se rematado o prazo sinalado non tivese comparecido, a notificación se entenderá producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo para comparecer.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2014

María Brage Díaz
Xefa do Servizo de Planificación e Avaliación das Auditorías
de Fondos Comunitarios