Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2014 Páx. 27526

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

ORDE do 12 de xuño de 2014 pola que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello Galego de Saúde.

A Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, recolle no seu artigo 13 que a cidadanía da Comunidade Autónoma de Galicia terá dereito a participar na xestión do Sistema público de saúde de Galicia a través dos órganos de participación comunitaria. No seu capítulo VI recolle a participación na formulación da política sanitaria e no control da súa execución como un dereito da cidadanía e da sociedade en xeral, un valor social e un instrumento de cooperación e información no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia, para a mellora da saúde e do benestar da cidadanía.

No artigo 24 regúlase o Consello Galego de Saúde como o principal órgano colexiado de participación comunitaria no Sistema público de saúde de Galicia, ao cal lle corresponde o asesoramento á Consellería de Sanidade da Xunta na formulación da política sanitaria e no control da súa execución. Regúlase, así mesmo, a súa composición e funcións, establecendo o nomeamento e separación do cargo pola persoa titular da Consellería de Sanidade, por proposta de cada unha das representacións que o compoñen.

Coa finalidade de recoller a nova titularidade de determinados órganos na representación da Administración sanitaria e as novas designacións realizadas polas entidades ás cales corresponde, así como os conseguintes cesamentos, é preciso dispoñer o cesamento e o nomeamento como membros do Consello Galego de Saúde das persoas que se relacionan nos anexos I e II desta orde.

En consecuencia, no exercicio das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, en relación co artigo 24 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dispoñer o cesamento como vogais do Consello Galego de Saúde das persoas indicadas no anexo I da presente orde.

Artigo 2

Nomear como vogais do Consello Galego de Saúde as persoas indicadas no anexo II da presente orde.

Artigo 3

De acordo co anterior, a composición do Consello Galego de Saúde é a que se recolle no anexo III da presente orde.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao disposto nesta orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2014

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO I

Cesan como membros do Consello Galego de Saúde:

– Raquel Vázquez Mourelle, nomeada en representación da Administración sanitaria.

– Juan Antonio Maceiras Barros, nomeado en representación da cidadanía.

– Carmen Alonso Macías-Jorreto, nomeada en representación das organizacións empresariais.

– Aurora Lamas López, nomeada en representación das organizacións de consumidores e usuarios.

– Luis Mª Campos Villarino, nomeado en representación dos colexios de médicos.

– Rosa Mª Lendoiro Otero, nomeada en representación dos colexios de farmacéuticos.

– Isaac Arias Santos, nomeado en representación da Real Academia de Farmacia.

– Federico Mallo Ferrer, nomeado en representación da Universidade de Vigo.

– Manuel Macía Cortiñas, nomeado en representación da Universidade de Santiago de Compostela.

ANEXO II

Noméanse membros do Consello Galego de Saúde as seguintes persoas:

– Mercedes Lanza Gándara, subdirectora xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios, en representación da Administración sanitaria.

– Jesús Veiga Sabín, alcalde de Miño, designado pola Fegamp en representación da cidadanía.

– Manuel Carrascal Alcántara, en representación das organizaciones empresariais.

– Mª Josefa García Hermida, en representación das organizacións de consumidores e usuarios.

– Luciano Vidán Martínez, presidente do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, en representación dos colexios de médicos.

– Ana Prieto Nieto, presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo, en representación dos colexios de farmacéuticos.

– Manuel Puga Pereira, presidente da Real Academia de Farmacia, en representación da Real Academia de Farmacia.

– África González Fernández, en representación da Universidade de Vigo.

– José Pereira Fariña, en representación da Universidade de Santiago de Compostela.

ANEXO III
Composición do Consello Galego de Saúde

Presidenta: Rocío Mosquera Álvarez, conselleira de Sanidade.

Vogais:

– Antonio Fernández-Campa García-Bernardo, secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, en representación da Administración sanitaria.

– Sonia Martínez Arca, directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, en representación da Administración sanitaria.

– Mercedes Lanza Gándara, subdirectora xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación, en representación da Administración Sanitaria.

– Nieves Domínguez González, xerente do Servizo Galego de Saúde, en representación da Administración sanitaria.

– Félix Rubial Bernárdez, director xeral de Asistencia Sanitaria, en representación da Administración sanitaria.

– Margarita Prado Vaamonde, directora xeral de Recursos Humanos, en representación da Administración sanitaria.

– Serafín Martínez Martínez, concelleiro de Fornelos de Montes, en representación da cidadanía.

– Luis Milia Méndez, alcalde de Carballeda de Avia, en representación da cidadanía.

– Francisco José Fernández Pérez, alcalde de Leiro, en representación da cidadanía.

– José Ignacio Cabezón Lorenzo, alcalde de Neda, en representación da cidadanía.

– Miguel Domínguez Alfonso, alcalde da Cañiza, en representación da cidadanía.

– Alberto García Pazos, concelleiro de Nigrán, en representación da cidadanía.

– Jesús Veiga Sabín, alcalde de Miño, en representación da cidadanía.

– Luciano Sobral Fernández, alcalde de Poio, en representación da cidadanía.

– Miguel de Santiago Boullón, pola Deputación da Coruña, en representación da cidadanía.

– Marta Iglesias Bueno, pola Deputación de Pontevedra, en representación da cidadanía.

– Manuel Martínez Núñez, pola Deputación de Lugo, en representación da cidadanía.

– José Manuel Freire Couto, pola Deputación de Ourense, en representación da cidadanía.

– Emilia Mª Lamas Seoane, en representación das organizacións sindicais.

– Ángel Cameselle Corbacho, en representación das organizacións sindicais.

– Adela Poisa Baños, en representación das organizacións sindicais.

– Javier Martínez Fente, en representación das organizacións sindicais.

– Eliseo Rivas Pernas, en representación das organizacións sindicais.

– Antonio Golpe Díaz, en representación das organizacións sindicais.

– Víctor Vila López, en representación das organizacións sindicais.

– Ramón Veras Castro, en representación das organizacións sindicais.

– Susana Méndez Rodríguez, en representación das organizacións sindicais.

– Manuel Granja González, en representación das organizacións empresariais.

– José Bernardo Silveira Martín, en representación das organizacións empresariais.

– José Ignacio Vidal López, en representación das organizacións empresariais.

– Miguel Domínguez Vaz, en representación das organizacións empresariais.

– Manuel Carrascal Alcántara, en representación das organizacións empresariais.

– Jorge Somoza Lázare, en representación das organizacións empresariais.

– Manuel Ángel López-Pardo Pardo, en representación das organizacións empresariais.

– José Luis Rodríguez Dacal, en representación das organizacións empresariais.

– Rafael Serrano Hernández, en representación das organizacións empresariais.

– Mª Josefa García Hermida, en representación das organizacións de consumidores e usuarios.

– Mª Isabel Garrido Blanco, en representación das organizacións de consumidores e usuarios.

– Miguel López Crespo, en representación das organizacións de consumidores e usuarios.

– Rosa Celia Otero Raña, en representación das organizacións de consumidores e usuarios.

– Luciano Vidán Martínez, en representación dos colexios de médicos.

– Ana Prieto Nieto, en representación dos colexios de farmacéuticos.

– Sergio Quintairos Domínguez, en representación dos colexios de enfermería.

– Luis Núñez Desiré, en representación dos colexios de veterinarios.

– Xavier Sardiña Agra, en representación dos colexios de psicólogos.

– Isabel Redondo Zambrano, en representación dos colexios de traballadores sociais.

– José Carro Otero, en representación da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.

– Manuel Puga Pereira, en representación da Real Academia de Farmacia de Galicia.

– José Pereira Fariña, en representación da Universidade de Santiago de Compostela.

– Ricardo Cao Abad, en representación da Universidade da Coruña.

– África González Fernández, en representación da Universidade de Vigo.

– Mª Dolores Rama Vázquez, en representación das asociacións de pacientes e familiares.

– Jesús Purriños Rodríguez, en representación das asociacións de pacientes e familiares.

– Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, en representación das asociacións de pacientes e familiares.

– Áurea González Rodríguez, en representación das asociacións de pacientes e familiares.

– Luis Meijide Rodríguez, en representación das asociacións veciñais.

– Verísimo Pazos Besada, en representación das asociacións veciñais.