O 14 de maio de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2014135TA-CO incoado a Luis Ferrol Brenlla.
Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Luis Ferrol Brenlla o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 23 de maio de 2014
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente: 2014135TA-CO.
Interesado: Luis Ferrol Brenlla (Pub Duende).
DNI/NIF/CIF: 32305876D.
Último domicilio coñecido: rúa Galicia, 15841 Santa Comba.
Resolución: declaración de non existencia de responsabilidade.