Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2014 Páx. 27505

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO (expediente 40787/422).

Ana Imagen Inversiones, S.L.U. solicitou da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo a licenza urbanística municipal para a actividade de centro médico-estético, que se situará en Canovas del Castillo (rúa), nº 1, C.C. A Laxe, local 13 (expediente 40787/422).

De conformidade co artigo 8.3. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, no BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta-1 do Edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 13 de maio de 2014

Mª del Carmen Silva Rego
Delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos,
Grandes Proxectos e Patrimonio