Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2014 Páx. 27506

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación, por procedemento aberto, da obra de execución subsidiaria de derruba parcial dun edificio (expediente 7295/407).

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo. b) Dependencia tramitadora: Servizos Centrais. c) Obtención de documentación e información: Servizos Centrais da Xerencia de Urbanismo; Praza do Rei, s/n 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 03 46, fax: 986 22 47 80. Correo electrónico: urb.scentrais@vigo.org. Enderezo da internet del perfil del contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do proceso de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 7295/407.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras. b) Descrición: obra de derruba parcial do edificio sito na rúa Santa Tegra, nº 71 (execución subsidiaria derivada do expediente 6.822/423). c) Lotes: non. d) Lugar de execución: Vigo. e) Prazo de execución: noventa (90) días.

3. Tramitación e procedemento: tramitación ordinaria e procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación: 219.947,39 euros (IVE ao 21 % incluído).

5. Garantías exixidas: provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe do contrato (excluído o IVE).

6. Requitos específicos do contratista: a) Clasificación: non se exixe. b) Solvencia económico-financeira e técnica: a exixida no número 6 das follas de especificacións do contrato (FEC).

7. Presentación de ofertas: a) Data límite: o prazo remata aos 26 días naturais seguintes ao de publicación deste anuncio no BOP e no DOG. b) Lugar de presentación: Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, ata as 13.30 horas do último día do prazo. Praza do Rei, s/n, 36202, Vigo. c) Admisión de melloras: número 9 das FEC. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses desde o día de apertura de proposicións.

8. Apertura de proposicións: anunciarase no perfil do contratante (Concello de Vigo-Xerencia Municipal de Urbanismo): www.vigo.org.

9. Gastos de publicidade: será por conta do adxudicatario ata a cantidade de 300 euros.

Vigo, 9 de xuño de 2014

Mª Carmen Silva Rego
Vicepresidenta