Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2014 Páx. 27402

III. Outras disposicións

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2014 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este instituto no primeiro cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Dar publicidade á relación de convenios subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no primeiro cuadrimestre do ano 2014, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Vilaxoán, 3 de xuño de 2014

Mª Covadonga Salgado Blanco
Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Tecnolóxico
para o Control do Medio Mariño de Galicia no primeiro cuadrimestre do ano 2014

Convenio

Importe

Data sinatura

Convenio específico de colaboración entre a Escola de Administración Pública e o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

0,00 €

3.1.2014