Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2014 Páx. 27481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 2 de xuño de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no procedemento para declarar o reintegro e a perda do dereito ao cobramento parcial da axuda relativa ao expediente de subvención 36/12/00219 (Orde do 27 de decembro de 2011 pola que se modifica a Orde do 21 de decembro de 2009).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á interesada que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de inicio dun procedemento para declarar o reintegro e a perda de dereito ao cobramento parcial da axuda relativa ao expediente de subvención núm. 36/12/00219 (Orde do 27 de decembro de 2011 pola que se modifica a Orde do 21 de decembro de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á utilización de servizos de asesoramento por persoas titulares de explotacións agrarias cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2012).

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo, situada no Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data de finalización deste.

Concédeselle á interesada un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte á notificación do acordo de inicio, para que poida formular alegacións e presentar a documentación que considere conveniente ao seu dereito ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2014

Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar o reintegro e a perda do dereito ao cobramento parcial da axuda relativa ao expediente de subvención núm. 36/12/00219.

Interesada: Mieles Outeda, S.L.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: Camiño á Escusa, nº 29, San Xoán, 36995 Poio (Pontevedra).