Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2014 Páx. 27329

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se modifica a Resolución do 5 de marzo de 2014 que fai pública a composición das comisións de avaliación que actuarán no proceso de acreditación de competencias convocado pola Orde do 14 de xaneiro de 2014.

Mediante a Orde do 14 de xaneiro de 2014 (DOG do 22 de xaneiro) convocouse o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

O artigo 16 da dita orde establece que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa nomeará as comisións de avaliación necesarias para levar a cabo o proceso de avaliación das diferentes unidades de competencia para as cales se convoca o procedemento de avaliación e acreditación.

Mediante a Resolución do 5 de marzo de 2014 (DOG do 11 de marzo) publicouse a composición das comisións de avaliación que actuarán no proceso de acreditación de competencias convocado pola Orde do 14 de xaneiro de 2014, mais as circunstancias sobrevidas determinan a necesidade de substituír un membro dunha das comisións de avaliación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Modificar a composición da Comisión de Avaliación de Servizos en Restauración no CIFP Paseo das Pontes e proceder ao nomeamento de:

José Alberto Pita Graña

32661515C

En substitución de:

Francisco José Pan García

32360263E

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2014

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa