Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2014 Páx. 27465

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 30 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en diversos expedientes de reclamacións xestionados nesta xefatura.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 30 de maio de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

Interesado/a

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

Cooperativa Agropecuaria A Ponte, S.C.G.

IN635A 2008/147-1

Resolución

Maceda (Ourense)

José Manuel García López

IN635A 2008/147-1

Resolución

Madrid

Ángela Rodríguez Leiro

IN635A 2014/135-1

Alegacións

A Coruña

Alberto Antelo Troitiño

IN635A 2014/172-1

Alegacións

Porto do Son

Jenny Mildret Quintero Cordoba

IN635A 2014/178-1

Resolución

A Coruña

A. Taibo, S.L.

IN635B 2013/1-1

Toma de vista

Oleiros

Restaurante La de Jozelillo

IN635B 2013/10-1

Recurso de alzada

Santiago de Compostela

Jacobo Bastida Freijedo

IN635B 2014/18-1

Toma de vista

Oviedo (Asturias)

Alejandro Seijo López

IN635B 2014/21-1

Resolución

A Coruña

Victor González Naya

IN635B 2014/24-1

Resolución

Culleredo