Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2014 Páx. 27467

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 122/2014 IN, interposto polo Sindicato de Médicos de Galicia (Simega/CESM Galicia) e o Sindicato Médico O´Mega (Médicos de Galicia Independentes) contra o Decreto 36/2014, do 20 de marzo, polo que se regulan as áreas de xestión clínica do Servizo Galego de Saúde.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado pola Sala do Contencioso-Administrativo (Sección 1) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo P.O. 122/2014 IN, interposto polo Sindicato de Médicos de Galicia (Simega/CESM Galicia) e o Sindicato Médico O´Mega (Médicos de Galicia Independentes) contra o Decreto 36/2014, do 20 de marzo, polo que se regulan as áreas de xestión clínica do Servizo Galego de Saúde, esta secretaría xeral técnica resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para a súa incorporación aos autos da súa razón.

Polo exposto, mediante a presente resolución emprázanse os interesados para que poidan comparecer e constituírse como parte nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2014

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade