Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27189

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (133/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día 26 de maio de 2014, no proceso seguido por instancia de Alicia Varela Tajes contra Limber Multiservicios, S.L., Salica Alimentos Congelados, S.A., rexistrado co número PO 133/2014, se acordou notificar a dilixencia de ordenación con data do 26 de maio de 2014 a Limber Multiservicios, S.L., en ignorado paradoiro.

Dilixencia de ordenación:

Secretaria xudicial Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2014.

Únase o anterior escrito, presentado pola traballadora e trasládese ás codemandadas co fin de que no prazo de tres días aleguen o que ao seu dereito conveña respecto da suspensión por prexudicialidade solicitada.

Respecto da codemandada Limber Multiservicios, S.L., ao resultaren negativos todos os intentos de notificacións nos domicilios existentes nas bases de datos informáticas no procedemento de despedimento 236/2014, notifíquese a dilixencia de ordenación ditada a través da publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer no acto de xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación en legal forma a Ramón Carlín Couto e a Mercedes González Noal, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2014

A secretaria xudicial