Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 13 de xuño de 2014 Páx. 26940

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (587/2013).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 587/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Dolores Tubío Vilasuso contra Fulgor Galicia, S.A., Fogasa, se ditou resolución con data do 2 de abril de 2014, dirixida, entre outros, a Fulgor Galicia, S.A., contra a cal se poderá interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no citado xulgado os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que lle sirva de notificación en forma a Fulgor Galicia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 2 de abril de 2014

A secretaria xudicial