Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 13 de xuño de 2014 Páx. 26939

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Vigo (Sección Sexta)

EDICTO (530/2012).

Carmen Sobrado Prado, secretaria xudicial da Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, mediante este edicto fago constar que nesta Sección se segue recurso de apelación número 530/2012, dimanante do ordinario número 724/2011 do Xulgado de Primeira Instancia número 11 de Vigo, seguido a instancia de Oxuroc 2008, S.L. contra Camilo Alvarez Rodríguez, DNI 34627165K.

En recurso de apelación esta Sección ditou sentenza con data do 22 de novembro de 2013, en que se desestima o recurso de apelación interposto contra a sentenza ditada en primeira instancia, cuxo texto integro se atopa nesta Secretaría á disposición dos interesados.

Contra a sentenza de apelación poderá interpoñerse recurso de casación por interese casacional/extraordinario por infracción procesual, dentro dos vinte días seguintes ao da notificación da sentenza (artigo 479 da LAC).

Para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación a Camilo Alvarez Rodríguez, expido este edicto.

Vigo, 5 de maio de 2014

A secretaria xudicial