Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 13 de xuño de 2014 Páx. 27001

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de maio de 2014 pola que se notifica a imposición dunha segunda multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición (expediente IU3/2/2014).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 23 de abril de 2014, resolución pola que se impón unha segunda multa coercitiva a Patricia Roca Pena en representación de Antonio Roca Gómez, como consecuencia de incumprir a Resolución do 9 de decembro de 2009, pola que se ordena a demolición das obras consistentes na ampliación para uso residencial dunha edificación existente, no lugar de Cotón, no termo municipal da Guitiriz, provincia de Lugo.

Ao non se poder realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada á devandita resolución.

Tendo en conta que o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, á notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, a interesada pode interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel no que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística