Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 13 de xuño de 2014 Páx. 27003

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2014, do Servizo de Infraestruturas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de conexión do porto seco de Monforte de Lemos coas estradas LU-933 e CN-120, no termo municipal de Monforte de Lemos (clave LU/06/198.01).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 16 de decembro de 2010, o Consello da Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para os efectos de expropiación para a mencionada obra mediante o Decreto 212/2010, publicado no DOG nº 248, do 28 de decembro.

Con data do 10 de maio de 2013 procedeuse á aprobación do proxecto de construción da dita obra pola directora da Axencia Galega de Infraestruturas, Ethel Mª Vázquez Mourelle.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, no uso das facultades que me confire o artigo 98 da mencionada lei,

RESOLVO:

Convocar os titulares dos bens e dereitos afectados para que comparezan no lugar, na data e na hora que se citan, para proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e os dereitos afectados e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: salón de plenos do Concello de Monforte de Lemos.

Día: 27 de xuño de 2014.

Horario: das 9.00 ás 13.00 horas.

De: Álvarez Castro, Pedro a Rodríguez López, Aurora.

A relación de titulares, cos bens e dereitos afectados, así como os planos de expropiación correspondentes estará exposta no Concello de Monforte de Lemos e no Servizo de Infraestruturas de Lugo da Axencia Galega de Infraestruturas (Edif. Advo. rolda da Muralla, 70).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, e achegar os documentos acreditativos da súa titularidade, o documento nacional de identidade e o último recibo da contribución; tamén poden ir acompañados, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e de notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo de Infraestruturas de Lugo, as alegacións que consideren pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros padecidos ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

Lugo, 27 de maio de 2014

Gerardo Pallares Sánchez
Xefe do Servizo de Infraestruturas de Lugo