De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.
Os actos foron adoptados polo xefe territorial.
A comparecencia efectuarase no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18, 4º andar, de Ourense,das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
Ourense, 22 de maio de 2014
José César Losada Álvarez
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: OU-36/2014 RE.
Denunciado: Román Miu Ursu.
Acto notificado: acordo de incoación.
Expediente: OU-37/2014 RE.
Denunciado: José María Giménez Montoya.
Acto notificado: acordo de incoación.