Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 12 de xuño de 2014 Páx. 26834

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de acondicionamento de camiños rurais en varias parroquias do concello.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vilalba (Xunta de Goberno Local). Data de adxudicación 6.5.2014. Contratista adxudicatario: J. Sanjurjo Construcciones, S.L. Formalización do contrato: 8.5.2014.

2. Obxecto do contrato: acondicionamento de camiños rurais nas parroquias de Boizán, Mourence, Sancovade, San Simón da Costa e Santaballa en Vilalba (Lugo).

3. Tramitación e procedemento. a) Tramitación: urxente; b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Orzamento de licitación e adxudicación. a) Licitación: 111.611,00 €. Adxudicación: 111.611,00 €, ambos sen inclusión do IVE.

O que se fai público para os efectos de dar cumprimento ao que se establece no artigo 154.1 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Vilalba, 21 de maio de 2014

Gerardo Criado Guizán
Alcalde