Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 12 de xuño de 2014 Páx. 26835

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO relativo á licitación dun contrato de prestación de servizos en varios colexios.

Por medio deste anuncio faise público que o Concello de Vilalba convoca concurso para a licitación dun contrato de prestación dos servizos de conserxaría, limpeza e mantemento básico dos colexios de Monseivane en Moreda-Lanzós; Castelao en Belesar; Terra Chá, en Román; Ínsua Bermúdez, Mato Vizoso e Escola de Educación Infantil en Vilalba, por procedemento aberto e trámite ordinario.

Valor estimado do contrato: 119.834,71 € (IVE excluído). Orzamento base de licitación anual (11 meses): importe neto: 119.834,71 €, IVE 25.165,29 €; total: 145.000,00 €. Prazo un (1) ano (11 meses), sen posibilidade de prórroga. Os interesados poden acceder á información complementaria a través da Plataforma de Contratación Pública de Galicia, perfil do contratante.

Vilalba, 6 de xuño de 2014

Gerardo Criado Guizán
Alcalde