Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.4 e 61, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
O acto adoptouno o instrutor do expediente.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 22 de maio de 2014
Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña
ANEXO
VP-C 24/13.
Denunciada: Mª Pilar Valles Herrero.
VP-C 26/13.
Denunciada: María Castro Redondo.
VP-C 31/13.
Denunciado: Rafael Tovar de Castro.
VP-C 32/13.
Denunciada: Redosinda Rúa Rodríguez.
VP-C 53/13.
Denunciada: Hilda Casares García.
VP-C 29/13.
Denunciado: José Juan Villar Iglesias.
VP-C 33/13.
Denunciada: Mª del Carmen Losada Calvo.
VP-C 41/13.
Denunciados: Ramón Ferro Figueiras e Alejandro Rey Capean.
Acto notificado: proposta de resolución do procedemento sancionador en materia de vivenda.