Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 12 de xuño de 2014 Páx. 26829

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2014 pola que se fai público o concurso público (procedemento aberto, sistema multicriterio) para a selección da oferta de cara ao outorgamento da concesión de ocupación do dominio público portuario con destino á explotación da nave localizada no porto deportivo de Sada, parcela D2, para almacenaxe e reparación de embarcacións deportivas e outros usos complementarios.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección.

c) Número de expediente: 12-13-14-C-2.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do proxecto: o obxecto do procedemento aberto é a selección dunha oferta para a tramitación da concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario con destino á explotación da nave localizada no porto deportivo de Sada, parcela D2, para almacenaxe e reparación de embarcacións deportivas e outros usos complementarios.

b) Lugar da concesión: porto de Sada, concello de Sada (A Coruña).

c) Prazo da concesión: cinco (5) anos prorrogables. No suposto de que o licitador propoña obras de mellora valoradas en máis de 50.000 €, este prazo sería de dez (10) anos. Se o investimento supera os 100.000 €, este prazo sería de quince (15) anos e, se supera os 250.000 €, o prazo sería de vinte (20) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran na cláusula décima.D do prego de bases.

4. Taxa de explotación: a especificada no prego de bases.

5. Garantías.

a) Provisional: a especificada no prego de bases.

b) Definitiva: a especificada no prego de bases.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: entidade pública Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa 5A-6ª, Polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Teléfono: 981 95 70 25.

e) Fax: 981 54 53 24.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

g) Perfil do contratante: os pregos administrativos desta convocatoria poderanse obter nos seguintes enderezos da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20661

7. Requisitos específicos do solicitante: os especificados no prego de bases.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do trixésimo (30º) día hábil seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do día hábil seguinte.

b) Documentación a presentar: segundo o indicado no prego de bases.

c) Lugar de presentación:

Entidade: entidade pública Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa 5A-6º, Polígono das Fontiñas (Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: entidade pública Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5A-6º, Polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Data: a apertura pública das ofertas (sobre 2) levarase a cabo nun prazo non superior a sete días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre 1. No acto público de apertura do sobre 2, a mesa fixará e dará publicidade da data, do lugar e da hora en que se procederá á apertura do sobre 3.

e) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre 1 e publicará no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios dos servizos centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que, logo da comunicación aos interesados, se emenden, se é o caso, e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia