Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx. 26458

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de convocatoria de dúas prazas de policía local.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 127, do 5.6.2014, deuse publicidade ás bases reguladoras e á convocatoria das probas do proceso de selección, mediante oposición, para cubrir dúas prazas vacantes no cadro de persoal deste concello, de funcionarios/as de carreira pertencentes ao corpo de policía local (categoría policía).

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O Barco de Valdeorras, 5 de xuño de 2014

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde