Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx. 26457

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de información pública (expediente 1/2014.PMP).

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 29.5.2014, acordou aprobar inicialmente o expediente 1/2014.PMP de modificación puntual das normas subsidiarias para a apertura da avenida Baldomero González no seu encontro coa travesía de Arteixo, segundo proxecto asinado polo arquitecto Fernando Pousada García con data de abril de 2014. Así mesmo, acordouse a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito obxecto da modificación puntual.

En virtude do disposto polo artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente de referencia queda sometido a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a última das publicacións, que se inserirán no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia.

Durante o dito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido (no Departamento de Urbanismo do Concello de Arteixo, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas, e nas dependencias do Rexistro Xeral, os sábados das 9.30 ás 13.30 horas) e presentar alegacións se o consideran oportuno.

Arteixo, 3 de xuño de 2014

Por delegación (Decreto 989/2011, do 21.6.2011)
Luís Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo