Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx. 26366

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (306/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 306/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Silvia María Corral Sande contra Araouane Hogar, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decisión:

1º. Que estimando a demanda formulada por Silvia María Corral Sande contra a empresa Araouane Hogar, S.L., condeno esta a aboarlle a cantidade de 1.208,24 euros, que lle debe en concepto de salarios.

2º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 26.3, inciso primeiro, da LRXS.

Notifíqueselles ás partes e advírtase que contra a presente resolución non cabe recurso de suplicación por razón da materia ou contía, sen prexuízo do que cal puidese caber polos motivos recollidos no artigo 191.3.b), d) ou e) da LRXS, no caso de concorreren os supostos previstos en tales preceptos, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo de cinco días seguintes á notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da LRXS.

Así, por esta sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Araouane Hogar, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de maio de 2014

O secretario xudicial