Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx. 26363

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2014 pola que se acorda a publicación do emprazamento a todas as persoas que presentaron solicitude para a participación nas probas selectivas para cubrir catro prazas da categoría profesional de técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde, grupo III, dúas pola quenda de promoción interna e dúas pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade, convocadas pola Resolución do 29 de novembro de 2013.

Pola Resolución reitoral do 3 de xuño de 2014 procederase a remitir ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela o expediente administrativo relativo ao procedemento abreviado 234/2014, interposto por Daniel José Gómez Cabrera, contra a Resolución reitoral do 8 de abril de 2014 pola que se desestima o recurso de reposición formulado polo recorrente contra a Resolución reitoral do 25 de febreiro de 2014 pola que se mantén a non admisión do Sr. Gómez Cabrera no proceso selectivo para o acceso á categoría de técnico de investigación, área bioloxía-saúde, grupo III, do cadro de persoal laboral da USC; e o emprazamento das persoas que aparezan como interesadas nel e que poidan resultar afectadas pola sentenza xudicial que se dite no seu día.

En aplicación do artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse todos os interesados para que poidan comparecer no procedemento de referencia no prazo de nove días contados desde esta publicación, co fin de que acudan, se o consideran conveniente para os seus dereitos, mediante avogado e procurador ou valéndose tan só de avogado con poder para estes efectos, co obxecto de que poidan formular no antedito recurso cantas alegacións coiden oportunas, coa prevención de que, se non compareceren dentro do aludido prazo, recaerán sobre eles os prexuízos correspondentes en dereito.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2014

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela