Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 9 de xuño de 2014 Páx. 26006

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (152/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 152/2012, por instancia de Susana Pombo Alcalde contra a executada Asociación Galega de Enfermos pola Doazón de Órganos, Asociación Agedo, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 16 de abril de 2014 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia parcial, por importe de 2.304,28 euros de principal, máis 2.307,87 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2014

A secretaria xudicial