Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 9 de xuño de 2014 Páx. 26007

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (82/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número tres de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 82/2013, por instancia de María Delia Lema Fernández contra Constantino Miguéns Teijeiro e María Carmen Roo Blanco, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 15 de maio de 2014 decreto de insolvencia no sentido de declarar os executados en situación de insolvencia total, por importe de 18.503,09 euros de principal, máis 1.850,30 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2014

A secretaria xudicial